Carta de Santiago nace coa vocación de debater e reflexionar sobre diferentes ámbitos da cultura e das artes, a economía, o medio ambiente, a ciencia ou a tecnoloxía. Para iso contaremos con destacadas personalidades nestes ámbitos que achegarán a súa visión sobre os grandes retos globais aos que se enfronta a sociedade actual.

Durante os días 5, 6 e 7 de novembro a cidade de Santiago de Compostela acollerá un foro internacional que pretende ser un espazo de reflexión, diálogo e debate sobre 21 temáticas relevantes entre as que se atopan a transformación cultural, o cambio climático, os desequilibrios territoriais, a educación, a diversidade, o emprendemento ou a ciencia.

A través das diferentes achegas, tanto dos profesionais como da cidadanía, obterase unha serie de conclusións que se recollerán nun documento chamado Carta de Santiago. A súa finalidade será facer perdurables os acordos que nela se recollan, servindo como folla de roteiro para afrontar os retos aos que nos enfrontamos como sociedade.

ÁREAS TEMÁTICAS

A Carta de Santiago estrutúrase en catro bloques temáticos nos que se integran 21 temas a debate que teñen como fíos transversais a sostibilidade, a transformación dixital e a innovación.

Cultura e artes

Transformación cultural e patrimonio, artes e novas economías creativas.

Medio ambiente

Axenda 2030, ecoloxía, cambio climático, territorio, deseño e biodiversidade.

Economía e sociedade

Neoecononomías, neofinanzas, emprego, emprendemento, educación, diversidade e innovación social.

Ciencia e tecnoloxía

Saúde, biopolítica, tecnoloxía e ciencia e humanismo.